|

O escritor Xosé Henrique Rivadulla, "Corcón", un daqueles "Feros Corvos" do Batallón Literario da Costa da Morte, compartiu unha tarde co alumnado do 3º ciclo do CEIP "Os Muiños", ,en Muxía. Unha visita moi especial para os cativos muxiáns, que xa coñecían de sobra a este escritor orixe coruñesa, pero muxián de adopción. I que os cativos desta Escola 2.0 basearon nunha das obras de Corcón, a creación do seu blog Tripulación Pirata. De feito, coñeciamos esta pasada fin de semana a bitácora, feita partindo do libro "Os piratas da Illa da Esperanza". Así, este libro é o manual de cabeceira do alumnado de 6º para as áreas de Lingua Galega e Matemáticas, xa que a aula adica este curso ao tema dos piratas, tan representativo da nosa Costa. Un blog que serve de ferramenta de traballo que utilizan nas clases de matemáticas, e que mereceu unha mención especial por parte da Asesoría de Bibliotecas Escolares. O alumnado de 5º disfrutou asimesmo da súa lectura durante a "Hora de Ler" que o centro ten programada diariamente. Os rapaces e as rapazas interesáronse tamén por outros aspectos da súa obra, e por datos de carácter biográfico: as primeiras lecturas, cando e por que comezou a escribir, ... O escritor rematou a tarde asinando os exemplares que os escolares usan na clase, e deixando asimesmo a súa pegada no libro de visitas da biblioteca. Ata un vídeo nos deixan dende o CEIP dos Muíños:
Máis información Novas relacionadas Fonte
|