|
Domingo de accidentes na Costa |
Correo-e
|
|
lunes, 15 de febrero do 2010 |
|

Dous accidentes rexistráronse na xornada deste domingo, 14 de febreiro de 2010 nas estradas da bisbarra. O primeiro deles acontecía ás preto de Malpica, minutos despois das 09:30h da mañá, cando un taxi colisionaba contra unha árbore. Segundo informacións facilitadas por Protección Civil de Malpica, un taxista de 40 anos de idade chocou contra unha árbore logo de saírse da vía na estrada C-418 no quilómetro 12, á altura de Silgueiro. Entre as causas do sinistro barállase a do sono como a máis probable. Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Carballo ademáis de Protección Civil. Tiveron que desenvolver labores de excarcelación, xa que o afectado quedou atrapado no vehículo. Foi trasladado con feridas de gravidade ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Por outra banda Cabana tamén rexistraba onte un accidente. Aconteceu na parroquia de A Piolla, cando colisionaban un coche e unha moto. Foi o ocupante da moto, duns 35 anos de idade, o que levou a peor parte ao sufrir feridas de gravidade na cabeza. Foi trasladado de urxencia en helicóptero a un centro sanitario en Compostela. Na imaxe vemos un accidente do pasado decemro no cruce de Senande. Novas relacionadas Fonte
|