|
Aprende informática e Inglés básicos nas parroquias de Ponteceso |
Correo-e
|
|
jueves, 18 de febrero do 2010 |
|
Un exemplo a seguir por todos os concellos da Costa é o de Ponteceso. Aulas itinerantes de informática e de inglés, que percorren as parroquias para que ninguén teña excusa de non aprender a lñidiar coas novas tecnoloxías e con esa ligua que manda no mundo. Boten un ollo en www.ponteceso.net a todas as ofertas do Concello. Iniciación á informática en Brantuas O Concello de Ponteceso, en colaboración coa Asociación Cultural Nosa Señora do Faro de Brantuas, organiza un curso de iniciación á informática na parroquia. Será todos os martes e xoves de marzo polas mañás no local social. Os interesados poden apuntarse na Oficina Municipal chamando ao 981 738 428. Curso de informática didáctica en Ponteceso Xa está aberto o prazo para participar no curso de informática didáctica que se celebrará na aula de informática municipal de Ponteceso os meses de marzo e abril nos seguintes horarios: - 4-6 anos: luns 17:30-18:30
- 7-10 anos: mércores 16:30-17:30
Os interesados poden apuntarse no Concello chamando ao 981 714 000 ou na O.M.I.X chamando ao 981 714 622. Curso de Inglés para nenos Aberto o prazo para participar no curso de inglés que organiza o Concello na Oficina de Información Xuvenil en Ponteceso. Será todos os sábados de marzo e abril á mañá. Os interesados poden anotarse no Departamento de Deportes (981 714 000 ext.6) ou na O.M.I.X Novas relacionadas Fonte e máis información
|