|
Non rematou o Entroido da Costa e así o reafirma a cantidade de activiades que hai esta fin de semana. Enterrando a Caietano
Unha vez que temos xa ao Caietano feito alcalde, a historia continúa, pero cargada xa de humor dramático. Este domingo 21 de febreiro, executaráse a sentenza do xuízo. Ás 16:30, as “viuditas”, Bispos, Curas, Cregos, enterradores ... e demais personaxes antroideiros, concentraranse diante da Casa do Concello de Laxe, para velar pola alma deste pecador empedernido, Caietano, nomeado Alcalde laxense o pasado domingo, durante o cal, tamén foi xulgado polos seus repetitivos pecados. Se o tempo nos acompaña, a comitiva fúnebre partirá ás 17:00 horas dende o velorio situado na porta do concello, ata a Praza de Ramón Juega, onde se oficiará a misa corpore in sepulcro ás 17:30 horas. Despois da procesión e despedida por parte das súas viuditas, recibirá finalmente queima controlada segundo dictame do xuízo sumarísimo público ao que foi sometido o pasado día de entroido, 14 de febreiro. Fin de semana de Enterros en Malpica Este sábado, en Buño tera lugar o enterro da Mikaela, que sairá ás 16.30 horas de Cantalarana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. E pola mañá haberá actuación da Charanga "O Vendaval" polas rúas de Buño, a partir das 11.30 horas. Para o domingo hai entroido en varias parroquias. En Malpica toca o Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.00 horas para percorrer as rúas da vila. Organiza: Asociación de Redeiras Mar da Illa. Todo amenixado pola Charanga "Ruada. En Seaia, Enterro do Farruco. Sairá en procesión ás 16.30 horas do restaurante "O Esqueiro" percorrendo as rúas de Seaia. En Barizo terá lugar o Enterro do Narigo, ás 16.00 h. no Campo da Festa de Barizo. En Cerqueda os Madamitos e Ghuardineros percorrerán a parroquia de Cerqueda comezando pola mañá á saída da misa e continuando pola tarde polos lugares de Aldeola, Ceán, Filgueira e Leduzo-Pozacas. E en Vilanova hai festa de Disfraces Infantil e degustación de doces do Antroido a partir das 16.00 h. na Escola Unitaria de Beo. A partir das 18:00h, a cita está enfocada aos adultos. Festa da Orella en Baíñas Este sábado 20 de febreiro de 2010, a parrroquia vimiancesa de Baíñas acolle a Festa da Orella de Porco. A festa comezará ás 19:00h no Pavillón Municipal de Baíñas, xunto ao colexio. Haberá pan, viña e moita orella. Xa, a partir das 21:00h toca Baile de Disfraces cun Grupo Musical. Haberá case que 1.000 euros en premios, pero hai que inscribirse antes das 19:00h. Enterro do Antroido en Corme Este sábado 20 de febreiro a partires das 18:00h da tarde, terá lugar en Corme enterro do Antroido amenizado polo Grupo de Gaiteiros de Anos. Farase un percorrido polas rúas cormelás e enterrarase ao antroido na Praza da Ribeira. Haberá orellas e chocolate de balde para os que asistan. Seguen os pinchos por Muxía A Ruta dos Pinchos volve abrir esta fin de semana en Muxía. Ademais terá lugar o Enterro da Sardiña: (saída do Edificio de Servizos Múltiples ás 19:00 horas. Os interesados en participar han de vir vestidos para a ocasión. Doble sesión de teatro en Vimianzo Sesión doble esta fin de semana en Vimianzo. Este sábado 20 de marzo, ás 18:30h no Audotorio da Casa da Cultura de Vimianzo toca a obra de Celso Sanmartín "Bicoca da boca en boca ou contos que non falten". Xa o domingo a obra de "Fas-que-fas" teatro "os homes factúranse e as mulleres desnúdanse" representarase ás 20:00h. Motofesta en Ponteceso A cita será ao longo do sábado e haberá ruta barítima... Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|