Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
De barranquismo en Ameixenda  Correo-e
sábado, 20 de febrero do 2010

Image

A de posibilidades que ten a Costa da Morte. Nin ps que vivimos aquí nos deactamos de todo o que se pode chegar a facer no noso territorio, tan natural e virxe que dá pé a facer case todo. Hoxe, da man de Ruben Suárez Carballo, bombeiro no Parque comarcal de Cee, facemos unha visita a un espazo que ben podería formar parte dos nosos recunchos. Pero imos de aventura ademais que de visita.

Rubén é un rande amante do alpinismo e os deportes de riso e ata ten publicada unha guía que se titula "40 aventuras al final del camino", que recolle todalas actividades de aventura que se poden facer desde Santiago até Fisterra.

Image 

As imaxes falan por si soas, e podemos ver como tanto Rubén como o camariñán Arturo Pasantes o pasan en grande baixando polas ladeiras do monte de Ameixenda. Ademais, cómpre destacar as vistas, xa que aló en fronte temos de cara a silueta do Promontorio Nerium, todo un símbolo da Costa.

Barranquismo

Image 

O mesmo Rubén explícanos un pouco en que consite este deporte de aventura. O "Barranquismo ou descenso de canóns" consiste en percorrer aqueles leitos que a acción da auga foi formando o longo do tempo. É prácticamente a mesma actividade que se desenvolve no interior dunha cova. Pódese dicir que é facer espeleoloxía a ceo aberto, pois as técnicas de progresión son as mesmas.

O Estreo

Image 

Destacan ambos intrépidos bombeiros que este barranco non o descendera ninguén coñecido. "Técnicamente non é nada complicado pero moi pracenteiro, con pequenas fervenzas que varían entre os cinco e dez metros", comenta Rubén. A aventura segue e "entras nunha zona de vellos muiños, algún restaurado pero abandoado a maleza". Antes de chegar a aldea da Ameixenda o río entra nunha zona bosquexa moi fermosa e tupida, dando a sensación de moverse por unha selva.

Image 

Datos Técnicos

  • Época: Só digno de facer en datas de moita choiva. É un barranco que necesita moita auga.
  • Desnivel: Uns 200 m.
  • Dificultade: Fácil, agás a segunda fervenza co rio desbordado con posibilidade de forte rebufo ou atrapamento nunha fenda.
  • Material: Corda de 40 m. Equipo completo de neopreno. Casco, arnés, descensor, mosquetóns de seguridade, equipo mínimo de autorrescate, soga de ancoraxe e bidón estanco para calquera tipo de material que non deba mollarse. Por suposto calzado apropiado.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com