Continuamos en Fisterra, xa que nestas últimas e movidas datas a rede submariña está revolucionándose. E mergullándonos por ela atopamos a Xusto, vello coñecido da vila, que participa activamente na vida social fisterrá. Aí está detrás da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño, que visitabamos a semana pasada.
Xusto trata temas de actualidade social, pero tamén fai lembrazas de persoeiros singulares da vila do Cristo (como Xan das Crebas) ou de épicos naufraxios (como o María Benita).