|
Varias novidades saen hoxe no tocante á Muller Camariñá. I Premio “Muller pola Igualdade” Xa veíamos a semana pasada a iniciativa do I Premio “Muller pola Igualdade” 2010 de Camariñas, artellada Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade. Pois a asociación informa de que se amplía o prazo para presentar candidaturas xa que das 23 presentadas, tan só hai 12 que cumplan as bases. Quere con esta prórroga a asociación que se presenten máis nominacións para cubrir un espectro representativo da sociedade femenina camariñá, que consta dunhas 3100 mulleres. Así a asociación decidíu abrir unha prórroga das nominacións e facer unha campaña informativa do premio máis profunda para motivar á xente a que nomine. O prazo amplíase pois do 8 de marzo ao 5 de abril deste 2010. As bases seguen estando na rede, a través das webs camariñas Que pasa en Camelle, Camarinas.eu e Diario Camariñán. Actividades do concello
Paralelamente, a Área de Igualdade do Concello de Camariñas artella o seu programa de actividades co gallo do Día da Muller Traballadora do 8 de marzo. Curso práctivo de xestión de asociación (10h.) O curso comezou o día 23 de febreiro e será eminentemente práctico. Trataranse nocións básicas de creación e lexislación de entidades, confección de proxectos e solicitude de subvencións, conceptos contables na xestión de entidades sen ánimo de lucro… O obxectivo desta acción formativa é dotar ás persoas integrantes de entidades asociativas das ferramentas necesarias para levar a cabo a xestión da mesma. Xornada de Clausura do curso de Corresponsabilidade para homes Cociña, coa presenza de ANTONIO GARCIA presidente da ASOCIACIÓN DE HOMES POLA IGUALDADE DE MÁLAGA (AHIGE): A primeira pretensión coa presenza de Antonio é promover o cambio nos homes a posicións favorables a igualdade, apoiándoos neste proceso. Este será un beneficio para o conxunto da nosa sociedade. Concurso "Un slogan para a igualdade" Destinado ap alumnado de primeiro ciclo do IES Pedra da Aguía de Ponte do Porto (xuntamos as bases). Campaña divulgativa en prol da igualdade O Concello abre unha campaña divulgativa en prol da igualdalde de oportunidades e para a eliminación de tódalas formas de discriminación cara as mulleres, que será por medio de reparto entre a cidadanía camariñá de unha colección de marcapáxinas relativas a tódolos programas que se realizaron e se realizan na Área da Igualdade dende que os seus comezos. Novas relacionadas Máis novas Muxía artella actividades pola Igualdade. Certame de poesía "Mulleres do noso tempo" do Concello de Cee. Fonte - Notas de prensa da Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade e mais da Área de Igualdade do Concello de Camariñas.
|