|
Continuamos por terceira semana con esta sección que pretende recuperar todos eses sitios marabillosos que fan da nosa bisbarra un lugar privilexiado. Desta volta, as praias de Trece son as protagonistas con ese Monte Branco, a duna máis alta de Europa (que aquí xa se sabe que temos un montón de cousas "o máis de Europa"), contemplando a paisaxe dende as alturas. Como chegar Como nos comentaba Manuel Muíño, o alcalde de Zas, o mellor xeito de disfrutar desta paraxe é comezando a ruta dende Arou. Alí hai que atravesar a vila tirando cara o sur. Cómpre pasarse o desvío que pola esquerda nos sube por unha pista de hormigón cunha pendiente, para acabarmos nas Loberías, a fin do camiño por estas lindes, e onde non hai moito querían facer unha cetácea e destruir a preciosa paraxe. Volvemos logo de contemplar As Loberías dende un pequeño mirador de recén construcción cara Arou e collemos a pista de hormigón á dereita (sembrar que vindo de Arou é a man esquerda). Subimos toda esa pendiente e ao cegar arriba collemos o cruce á dereita. Continuamos por esta estrada asfaltada deixando abaixo e a dereita Santa Mariña e cando cegamos ao cemiterio xa vemos xusto ao seu carón unha pista de terra. Unha pista de terra que fai que o camiño se faga ben a modo así que agardemos que non nola asfalten, que así está fenomenal. Así, pouco despois xa podemos observar esta preciosa imaxe cun enorme Monte Branco controlando o vento que deixa desertas ás tres calitas do Trece. Ao final das praias, e máis ou menos dende onde a foto está feita, atopamos o cemiterio dos Ingleses, un sitio de culto para os estranxeiros que a nós case que nin nos vai nin nos ven, pero que pasa por ser un dos sitios máis coñecidos da bisbarra no estranxeiro. Trátase do cemiterio onde os tripulantes que morreran no naufragio do “Serpent” alá polo 1890. Só se salvaran tres e todo Camariñas volcárase en recuperar os corpos e rendir o axeitado homenaxe. Toda esta zona engloba o conxunto etnográfico do "Foxo do lobo", sistema de caza comunal que pode datar da prehistoria que se baseaba en empurrar ás presas, que podían ser dende lobos ou porcos bravos a outros cérvidos, ata un pozo oui foxo onde caían e morrían. Logo, a entrada no cabo Vilán xa non ten palabras (se nos olvidamos claro dos millóns de viraventos e a piscifactoría, que iso si que é coidar o noso patrimonio natural) e se cadra a portada do novo disco de Luar na Lubre Camiños da Fin da Terra pode dicir moito máis. Como ben se pode apreciar, cómpre cegar entre lusco e fusco. Contamos coa vosa colaboración para mandar os vosos recunchos favoritos da nosa bisbarra ou para calquera outra cousa de interese. Estamos en
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
. Graciñas. Outros recunchos Novas relacionadas Fonte - Redacción de Que pasa na Costa.
|