|
COSAL trae Outrasvoces de cine |
Correo-e
|
|
miércoles, 03 de marzo do 2010 |
|

A partir deste xoves 4 de marzo, Cosal-Costa da Morte organiza o 1º ciclo de cine Outrasvozes, no que se proxectará unha película cada semana, ao longo do mes de marzo. A entrada é libre e gratuita, e terán lugar nos I.E.S. Fernando Blanco, de Cee, e o IES Fin do camiño, de Fisterra. "Outrasvozes" foi o nome da revista que COSAL-Galiza editou durante anos, na que se quixo dar voz a persoas, pobos, loitas e propostas alternativas que normalmente non se escoitan neste mundo de tanta información, mais case toda mediatizada por intereses do sistema. De aí hérdase este nome, coa a idea de que o ciclo de cine aporte a visión doutras culturas de xeito máis visual ca verbal. Programa - Xoves 4 de marzo: Vals con Bashir, de Ali Forman(no IES Fernando Blanco).
- Xoves 10 de marzo: Cidade de Deus, de Fernando Meirelles (no IES Fin do Camiño).
- Xoves 17 de marzo: Goodbye America, de Sergio Oksman (no IES Fernando Blanco).
- Xoves 25 de marzo: O Lombo do Mundo, de Jacier Corcuera (no IES Fernando Blanco).
Todas as citas serán ás 20:15h. Máis información Novas relacionadas Máis novas de Cosal
|