Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Peche, con Fran Lago  Correo-e
viernes, 05 de marzo do 2010

Cada xoves, ás 22:00h da noite, volve soar O Ronsel na Radio Roncudo e radiONeria. O programa dirixido por Óscar Rey Calo dende Corme repasa a actualidade da semana e chega sempre con contidos de calidade.

E quen sen encarga de dar o Peche ao programa é Fran Lago, colaborador da emisora e deste diario. Lago será a partir de agora o que peche as semanas tamén en QPC, e cada venres traeremos a súa reflexión sobre o acontencido durante a semana.

O Peche, con Fran LagoImage

Eleccións á vista. Só queda un ano e os políticos da bisbarra comezan a poñerse as pilas para tentar arrincarlle o maior número de votos ao rival. Na maioría dos municipios a loita terá como protagonistas a socialistas e populares, mais non debemos caer no erro de cortar estes comicios polo mesmo patrón que uns autonómicos ou nacionais.

Un dos casos que coñeciamos esta semana é o de Laxe onde un PP coa moral alta equívocamente, quere recuperar o poder a toda costa logo de doce anos de maiorías do PSOE. O Partido Popular de Laxe deixou en 1999 o sillón do governo municipal logo de ocupalo durante a última década do século XX. Foi nos comicios daquel ano cando os laxenses aborreceron un governo que deixaba atrás unha infinidade de cacicadas e personalismos, dos que chegaron a facerse eco medios estatais. Todas estas liortas estaban centradas na figura do ex rexedor Antonio Castro Lema. As vellas glorias do PP son todas así. Cheas de carisma e protagonismo, como un Fraga ou un Aznar (Feijóo xa apunta maneiras) a menor escala.

Situacións deste tipo dan os seus froitos pero o ciclo político conleva desgaste, e así foi. Ás portas do novo milenio chegou o volco electoral, e as discrepancias levaron ao PP a fragmentarse aínda máis, polo que quedou en coiros. Con Castro dando guerra pero xa dende a casa, os ex populares (nunha homenaxe ao entroido) conformaron dúas listas independentes coa intención de arañar votos e poder coaligarse cun renovado PP. Pero a fórmula non resultou. Os laxenses demostraron en 2007 que non son parvos e aínda que o raposo se vista de carneiro por partida dobre, seguirá sendo o raposo.

Este fracaso do Partido Popular en Laxe tamén ten entre os seus responsables ao actual presidente da Xunta. Foi Feijóo quen trazou as liñas daquel novo PP, poñendo no liderado a xente da súa confianza, que levou aos conservadores a perder un de cada dous votos. Un estrepitoso fiasco ao que o ano que vén queren poñerlle fin, ben seguro que avalado pola pésima xestión da Xunta, da que presumirán sen dúbida algunha. E para elo queren regresar ao pasado, e montar unha única alternativa, iso sí, a alternativa que fixo a vida imposible a multitude de veciños, que pechou as portas do Concello ao pobo, que únicamente sentía preocupación por satisfacer os intereses propios e perxudicar os alleos e non compartidos.

Os avances do concello de Laxe en materia social, cultural, turísitica, medioambiental,… son cuantiosos dende 1999, e todo tendo en conta as adversidades que chegan dende as administracións con poder azul, que son predecibles e  fixas. E aquí a pregunta, ¿será quen o Partido Popular de dar de novo coa fórmula axeitada para chegar ao poder? Non. A actitude da oposición é sistemática e de libro. Están a tomar o xogo democrático como un simple xogo, cando este xogo ten as súas regras ben marcadas. Independentemente das intencións de governo que teñan, unha oposición que quere chegar a ser unha alternativa seria debe traballar constantemente, senón que llo digan a Feijóo. Pero nas últimas lexislaturas as bancadas da oposición laxense cheiran a morto, e todo débese á nulidade de actividade, de traballo e de propostas.

E se nos separa un ano de elixir representantes locais, tamén cúmprese agora un ano dende que o PP tirou de pegamento extraforte para reconstruir os anacos nos que se estaba convertindo. E todo grazas ao noso Alberto. Certo é que nolo pon moi doado á hora de facer balance do seu primeiro ano de cadeira quente. A Feijóo lle gustan os Audis e a boa vida, pero nada lle importa nin Galicia nin a Costa. Na bisbarra, as consecuencias da súa política de austeridade encuberta foron nalgúns casos desgrazadas, como é o caso do falecido en Touriñán, logo de que a Xunta eliminara o helicóptero de Salvamento Marítimo de Cee. Outras boas son a do xeriátrico de Vimianzo, ou a falla de emprego na bisbarra. Esta semana o presidente era entrevistado na Cadena SER, e atopáballe a parte positiva ao aumento en dúas mil persoas das listas do paro en Galicia no mes de febreiro. Temos ao inimigo na casa. Pero Albertiño, ti tranquilo que mentres mande ZP…

  • Fran Lago (franlago[arroba]quepasanacosta.com).

Horario do Ronsel

  • Os xoves, de 22:00h a 00:00h en directo.
  • Os sábados, de 12:00h a 14:00h en diferido.

Máis peches

Novas da radiONeria

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com