Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O IES Ponteceso celebra o e a Fundación Eduardo Pondal celebran o 93 aniversario da morte do Bardo  Correo-e
lunes, 08 de marzo do 2010

Image

O roteiro pondaliano Val nativo será outra escusa para que o alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Ponteceso, a través do seu Equipo de Normalización Lingüística, e a Fundación Eduardo Pondal lembren outra vez máis, un mes despois, a figura do autor do Himno galego. Nesta ocasión, para recordar o pasamento do poeta con motivo do cumprimento do 93 aniversario da súa morte tamén no propio día en que faleceu. 

Agora, o alumnado realizará un percorrido á inversa do realizado na celebración do aniversario do seu nacemento: irán do cume do Monte Branco á Fundación Eduardo Pondal. 

Desenvolvemento

A xornada comezará o mesmo 8 de marzo ás 14.30 cun xantar no piñeiral de Balarés. Despois, partirán cara o Monte Branco. Alí, á parte do contemplar a contorna natural, ás 15.30 h, recitarán, entre outros, os poemas “Cando xazan do cisne”, “Monte Branco, Monte Branco”, “O son do vento”, “Das quentes praias” ou “Eu sei dunha doce meiga”.  

Tras o recital, descenderán parando en cada monolito da ruta nos que tamén recitarán poemas. Chegarán ás 16.30 á Fundación Eduardo Pondal onde visionarán unha presentación con fotografías do percorrido realizado o 8 e febreiro. Ademais, o escritor Sechu Sende realizará unha sesión de dinamización arredor da lingua, da mocidade e dos prexuízos lingüísticos.  

No adro de Cospindo, ás 17.45, diante do monumento funerario da familia paterna o alumnado recordará as inquedanzas e reflexións de Pondal ante a chegada da morte en poemas como “Morrer en brando leito” ou “Cando for enterrado”, sempre coas voces dos alumnos e alumnas do IES de Ponteceso. O último poema recitado será “A derradeira vontade”, que xunto cunha interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia marcará a saída cara ó autobús escolar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal, da man de Xosé Manuel Varela.
 
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com