|
Satisfacción no CEIP dos Muíños pola aprobación dunhas obras solicitadas dende 1984 |
Correo-e
|
|
lunes, 08 de marzo do 2010 |
|

Moi contentos están no Colexio Os Muíños de Muxía. A Escola 2.0 vén de ver como o DOG anuncia a licitación da contratación da obra para a ampliación e remodelación do colexio, feito que xa se anunciara o pasado mesde outubro. Logo de ducias de informes a Consellería de Educación aproba as obras de remodelación que cubrirán deficiencias que levaron, nalgúns casos, á suspensión da actividade docente nalgunha aula. Puidemos saber a través dun dos seus blogs, o Blog O remuíño, que o DOG do pasado día 4 de marzo, anúnciase a obra, que foi o obxectivo do profesorado dendenada menos, 1984. A satisfacción no seo do centro educativo é tal que ata a directora se puxo o casco para comezar a traballar. O compromiso de Xosé Manuel Mouriz, que foi renovado pola actual Administración, foi fundamental para a aprobación da obra, logo de ducias de informes e reunións. No colexio xa esperan que os oito meses de obras ofrezan o resultado de ter un edificio á altura da calidade do traballo que se ofrece no seu interior. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da man de Susana Seoane Dovigo, Responsable de Calidade do Colexio OS Muíños.
- Blog O remuíño.
|