Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941)  Correo-e
jueves, 11 de marzo do 2010

Image

En 1.941 naceu en Redonda un curioso personaxe que coñecín un día de San Pedro, cando despois de asistir á función na hermida volvín por un camiño afastado para facer tempo. Paseando á beira dun prado moi curriño, atopeino deitado na herba, as mans baixo a cabeza, unha perna enriba da outra e a mirada fixa cara arriba. E digo ben, fixa e non perdida, porque o observei un tempo e decateime da viveza dos seus ollos, semellaba que ocupados en descifrar qué dicía o ceo a través das nubes . Cando cheguei á romería, intereseime polo que tiña visto. "Ah, ese é Miguel, o poeta. Traballa nas terras da familia e o resto do tempo mira o ceo, o monte e o atardecer. E escribe poesías, que só deixa ler ao seu irmán".

Unha semana máis tarde regresei a Redonda coa curiosidade de volvelo a ver. O sol estaba a piques de fundirse no mar de Fisterra, conformando, como case sempre, un dos máis bellos atardeceres que un pode imaxinar. Miguel estaba sentado nunha pedra, absorto co espectáculo como se non o tivera visto en miles de ocasións. Cando anos máis tarde coñecín gracias ó seu irmán unha das súas poesías, entendín a intensidade da visión.

OCASO

Foi nunha tarde escabeche.
O ceo o sol sumerxía,
e confuso tralo crime
o seu rubor se expandía
por enriba da oleaxe
ata o remate da ría.
Ollando esta defunción,
tódalas gaivotas rían.
E por moito que avisei
ninguén máis víu a sangría.
Un océano incendiado
con chamas de poesía,
e unha nostalxia inmediata
polo prodixio que eu vía.
Pero ningunha pupila
ao ocaso se volvía.
"Que tragan ao sol", berrei.
"Mañá haberá máis", dicían.
Eles ignoraban,
ningún deles sabía,
que detrás dese sol
a miña alma partía
en busca duns ollos
que xa non me miran
porque para eles
OUTRO é O DÍA.

Non conseguín intimar con Miguel, pero sí co seu irmán Lolo, que pouco a pouco foime descubrindo ó poeta. Unha sensibilidade extraordinaria, un exuberante mundo interior, unha paralizante timidez patolóxica, amores non declarados nin correspondidos e centos de poemas, nos que alternaba o galego e o castelán.

OSCURECE

Estando mi vida dichosa,
estando risueña mi alma,
estando mis mares en calma
llegó sombra caprichosa.

Llegó tu recuerdo acerado,
emboscando mi sonrisa
y matándola sin prisa
con veneno de pasado.

Amargura en los sentidos,
plenos en tardes felices,
antes de que tus deslices
los dejasen malheridos.

Amargura en mi semblante,
un día espejo risueño
de un alma que tenía dueño
en un corazón farsante.

Y mis palabras evoco,
cálidas, tiernas, sinceras,
amorosas mensajeras,
que por hablarte fui loco.

Loco pues salí del mundo;
en tus pupilas vivía.
Ciego, fuiste mi vigía
y me hundiste muy profundo.

Hoy estaba ya en la orilla,
remitiendo mis dolores,
redescubriendo colores
con creciente maravilla.

Pero una ola postrera
al mar me ha vuelto a llevar.
Sé que no voy a nadar
aunque la vida se fuera.

Miguel tivo unha morte cruel, pero eso é outra historia. Esta remata co epitafio que figura na súa tumba:

"Quixen acariñar a tantas!

Pero só a morte se achegou."

  • Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.com)

Relatos anteriores

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com