|
Camariñas presenta o seu Mercado Solidario |
Correo-e
|
|
viernes, 12 de marzo do 2010 |
|

Este vindeiro sábado día 13 de marzo ás 12:00 horas e no salón de actos da Casa de Pedra de Camariñas, a Presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas, Olga Campos, realizará a presentación do I Mercado Solidario. No acto estará tamén o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso. O I Mercado Solidario de Camariñas vaise celebrar os días 19, 20 e 21 de marzo no local da casa da Pedra e Local da Mariña en horario de 11:00 horas a 21:00 horas. Os membros da Asociación de Empresarios de Camariñas doarán o 10 por cento do recadado das vendas a estas entidades. Axudas solidarias e directasz A idea deste Mercado Solidario nace para contribuir con entidades cercanas, nas que se poda dar conta de como inflúen estas axudas. Por isto, no acto estarán presetes os Presidentes das entidades sociais sobre as que recaerán os beneficios deste acto solidario. Así, acudirán o Presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de A Coruña- (Federación COGAMI-Coruña) e tamén presidente de ADISBISMUR (Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros), Ramón Sestayo, o Presidente de AVANTE (Asociación de Persoas Discapacitadas), José Manuel Gendra Costoya, o Presidente de ÍNTEGRO (Asociación para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra), Adolfo López Baña, e o Presidente da Asociación Antidroga de Camariñas Abondou, Juan Gómez. Novas relacionadas Máis novas Fonte - Nota de prensa dos Empresarios de Camariñas.
|