|

Polo día o gris, pola noite o negro, e sempre…o vento. Este vento, que nos impide vivir, non é quen de impedirnos pensar, e é así, pensando, como deixamos que o tempo pase, como deixamos que este vento leve tamén ao tempo que nos fai vellos sen darnos conta. Porque cando o vento manda, todo se move, e o que mais se move son as almas dos que aquí habitan, aínda que se escondan esas almas no mais fondo de un. E foi o vento de un día gris e unha noite negra o que anticipou a desgraza de Martiño Ouréns. Martiño Ouréns levaba a vida de un besugo, e así, dependendo da cantidade de xente que tiña un xarabal, el arrimábase sempre adonde eran maioría, esperando e conseguindo pasar inadvertido ante a masa. Foi engordando a sombra dos diferentes xarabales de persoas, e gordo e lustroso chegou a súa mocidade. Pasou o tempo, e Martiño, pouco a pouco foi perdendo a facultade de mimetizarse, e primeiro uns e despois outros, fórono deixando cada vez mais solo. E ao igual que un besugo solitario, foi tendo cada vez mais problemas de supervivencia. Por que sabido é, que no mar e nesta terra, a vida non é para solitarios. E foi a soidade, a que fixo que o gris e o negro e o vento se fundiran na alma de Martiño. Foi onte cando na tarde gris e chuviosa, un refacho de vento tirou con un poste da luz. Chegou a negra noite e aínda sen luz, Martiño encendío unha vela para facer a cea, e cando foi con ela ao faiado para coller unhas patacas para cocer, tivo a mala sorte de drlle un golpe a unha travesa do tellado, facendo que este se desplomase en parte, facendo que Martiño, patacas e vela, caesen todos xuntos na habitación que había embaixo do faiado e na que Martiño durmía, con tan mala sorte, que a vela prendío na roupa da cama provocando un pavoroso incendio do que Martiño non se puido librar por estar preso por unha viga do tellado. E foi así como, rodeado de patacas e ben cocido, acabou Martiño a súa vida de besugo. Diloteña de Primeiro Prato. Novas relacionadas Historias anteriores Fonte
|