|

O hotel Cabo Fisterra acolleu na tarde do pasado sábado, 13 de marzo de 2010, o acto de presentación do novo equipo das Novas Xeracións do Partido Popular fisterrán. E QPC achegouse ata alí. Persoas afíns ao PP como a concelleira corcubionesa Gema Freire, estiveron entre os máis de 50 simpatizantes que acudiron ao evento. Un evento no que Daniel Pose (no medio damesa presidencial) foi proclamado presidente da organización xuvenil. Pose non estivo só, pois tamén interviron o alcalde José Manuel Traba, o secretario de organización provincial do partido, José Manuel Álvarez-Campana, e os deputados Javier Escribano (presidente provincial de Novas Xeracións) e Marisol Piñeiro (teniente de alcalde do Concello de Carnota). Estaba prevista a asistencia do presidente provincial do partido, Carlos Negreira, pero non puido chegar a tempo da súa cita coas Novas Xeracións en terras do Barbanza. Tomou a palabra en primeiro lugar o rexedor da vila do Cristo, quen presentou ás Novas Xeracións como o futuro de Fisterra e considerounas necesarias para que os proxectos do Partido Popular no municipio teñan continuidade, sempre con espíritu de renovación. O deputado e presidente provincial da organización, Javier Escribano, púxose a disposición da mocidade popular fisterrá e das súas inquedanzas. Ademáis animounos a “arrimar o ombreiro” coa fin de chegar o máis lonxe posible. Tamén demandou ao alcalde de Fisterra que lle dea unha oportunidade ás Novas Xeracións para demostrar que o partido si conta co apoio da mocidade, fronte aos estereotipos que xurden en torno á formación. A tamén deputada e teniente de alcalde do Concello de Carnota, Marisol Piñeiro, salientou a “valentía” da mocidade popular e animounos a dar “un paso cara diante e loitar por un futuro mellor para vós e para os que vos rodean”. Piñeiro tamén fixo balance do primeiro ano de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta. A carnotá dixo que “malia á situación económica o cambio vaise notando”, e repasou boa parte das actuacións do Partido Popular na Costa da Morte. A conservadora fixo especial fincapé nas obras de mellora do pavimento na estrada AC-552, que une Fisterra con A Coruña, e que segundo dixo, comezarán este verán. Marisol Piñeiro acusou á deputada socialista Marisol Soneira, de querer atribuirse un proxecto no que xa vén traballando dende hai tempo o Partido Popular. Neste senso, Piñeiro apuntou que “non vai ser porque a señora Soneira veña pedilo agora, senón porque xa nós o demandaramos”. Rematou a deputada recordando a PSOE e BNG da Costa da Morte que “os exemplos danse cando se goberna”. O secretario de organización provincial, José Manuel Álvarez-Campana, calificou de “bo traballo” o desenvolvido por Novas Xeracións en toda a provincia con Javier Escribano como cabeza visible. Tamén lembrou que “os mozos teñen unha presenza fundamental no partido” e que “o PP é o partido que máis se asemella a Galicia ao colleitar un de cada dous votos”. Xa para rematar, pechou o acto o novo presidente da agrupación popular, Dani Pose. Pose tamén é o concelleiro máis novo do Consistorio de Fisterra. O novo presidente dixo que “as Novas Xeracións están abertas á mozos e non tan mozos, pois é o seu traballo o que fai que poidamos estar aquí”. Ademáis defendeu o traballo de goberno do PP de Fisterra e criticou nun certo ton humorístico a política económica de Zapatero, ao que calificou de mentireiro e trapalleiro. Novas relacionadas Fonte - Redacción de Fran Lago para QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|