|
Coruña tampouco quere o caolín de Vimianzo para as súas praias |
Correo-e
|
|
lunes, 15 de marzo do 2010 |
|

Continúan as loitas contra os recheos das praias en todo o país. Á loita na Ría de Corcubión por evitar a creación dunha nova praia no malecón corcubionés, únense outras loitas como as que se viven estas semanas na Coruña. As novas indican que esta semana xa comezan as obras de recheo que unirán as praias de Orzán, Riazor e Matadero. De feito a pasada semana xa estiveron traballando as paleadoras nos xa pechados areais coruñeses. Manifestación en contra do recheo con caolín O pasado venres 12 de marzo de 2010, medio centenar de veciños da Coruña, membros do Comité en Defensa das Rías Altas, do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión e da zona das Rías Baixas, amosaron o seu rexeitamento aos recheos nunha manifestación desenvolta no centro da cidade. Os manifestantes sacaron as toallas á rúa, e protestaron, en verso, polas obras. Unha das ideas que máis preocupan no colectivo Defendendo as praias, convocante da concentración, é o recheo con áridos de canteira de caolín. Curiosamente son os mesmos áridos da empresa Caolín Vimianzo que se pretenden verter sobre o areal central de Corcubión e que teñen este grosor e este ton grisáceo. Toneladas e toneladas de areas están apiladas nos portos da Coruña para proceder estes días ao recheo, logo de ser transportadas dende o porto de Brens á vila herculina. As obras unirán as 3 praias e case que duplicarán a superficie de area útil. Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- defendendoaspraias.wordpress.com.
|