|

O mellor ten algo de gracioso pero eu non llo vexo. Neste país de mediocridade politica endemica, a Lei do Solo, a debate nestes dias, culmina toda unha seria de desfeitas que teñen exemplos sangrantes e palpables no decretazo da lingua ou no modo no que se despachan temas cruciais para Galicia cando os intereses non son os dos amigos. O xeito no que se esta a tratar este asunto, o da lei do solo, vai de esperpento a drama en cuestión e dias e horas. E ainda que xa o dixen vouno repetir; do caso das naves ilegais de empresarios na costa da morte o unico que me importa a min son os empregos. Nin as Inversions, nin os anos que levan nin a necesidade desas empresas me importa demasiado. Me importan os parados que non necesitamos, os traballos que se perderian. E me preocupa o modo no que eses traballadores se deixan manipular de modo cuasi infantil, tanto polos seus xefes coma por determinados politicos locais. A cousa e ben simple. Non había chan industrial e as naves foron construidas onde se pudo. Vale. Pero agora si hai chan industrial, ¿cal é logo o problema?. Ben, non hai cartos para un cambio dese tamaño, dese calibre. De acordo, logo ¿non será mellor prover de fondos as empresas en situación ilegal para que a movilización da ilegalidade a lei lle custe cero?, ¿non será mais sinxelo, mais crible e con maior razón de ser legal facer sinxelo e gratuito as empresas a nova instalación en chan industrial?. Non quero dar ideas, mais ben o contrario, pero vendo como se restrinxe a contrución na costa galega, se mañá se decide facer legais as naves ilegalmente construidas ó tempo que se ordenan derribos no litoral de casas, galpóns ou segundas residencias, algún veciño afectado por estas últimas pode pensar que antes de ver caída a súa casa non estaría mal tirar con un par desas naves industruias. A fin de contas, penso eu, e máis importante a casa dalguén que o emprego dalguén. E, ou ben ponemos en contexto as razóns que levan a esta lei, ou simplemente eu e calquera podería pensar que non hai demasiadas razóns para cumprir ningunha lei. A fin de contas, con utilizar despois os empregados de escudo resulta suficiente. - José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).
Máis información e contacto Novas relacionadas Columnas anterioires Máis información
|