Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A canteira dos Penedos de Pasarela no punto de mira  Correo-e
miércoles, 07 de noviembre do 2007

Image 

Un lugar milenario e mítico da nosa bisbarra pode ser destruído. E todo pola creación dunha nova canteira trala realización de varias promesas en clave de "postos de traballo", que xa sabemos que por aquí en canto estas 3 verbas saen a xogar medio camiño está feto.

Falamos dos Penedos de Traba e Pasarela, un lugar onde as rochas parecen estar colocadas por un xigante que xogaba ao Lego, neste caso e como din nas camisetas ao "Ga _lego". Unha paraxe, en definitiva, imposible de atopar por aí e que deberíamos coidar como outro tesouro máis.

Alegacións contra a canteira

O BNG, a asociación Adiante Soneira e a asociación ecoloxista PX e unha plataforma de veciños de Pasarela presentaron no Concello de Vimianzo alegación contra a creación dunha explotación mineira ao aire libre.

Os veciños xuntaron máis de 100 firmas que non queren ter en fronte da casa unhas instalacións deste tipo, e máis cando agora teñen ese paraxe natural de tanta beleza.

O BNG lembraba que o Parlamento galego aprobaba en marzo do 2006 unha proposta para declarar a zona como Monumento Natural, e a canteira destrozaría o entorno e mesmo a lagoa de Traba, outro lugar de interese comunitario.

Os veciños non queren que se reduza a súa calidade de vida

A plataforma de veciños aseguraba que a canteira causará moitos prexuízos na calidade de vida dos veciños de Pasarela debido ao proceso de dextracción de granito a menos de mil metros das casas, coa xeración de contaminación do ambiente e das augas, coa contaminación do aire coas partículas de po, coa contaminación acústica co paso de vehículos pesados.

313.000 metros cúbicos de granito para extraer

A empresa Extracción y Transformación de Granito S.L. ten un previo acordo coas administracións para a expltación de máis de 52.000 metros cadrados, dos que 35.000 serían os da explotación de granito. 27 anos é o tempo de concesión que tería a empresa para extraer 313.000 metros cúbicos destes preciosos penedos, sendo a metade de todo o granito que hai na zona.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com