|
Onte, xoves 8 de novembro de 2007, e logo de case 4 anos de trámites, o Consello da Xunta aprobaba o plan sectorial para construción do Parador de Muxía. Deste xeito, os trámites trasládanse agora a Madrid, que perante a empresa pública Paradores, dependente do Ministeiro de Industria e Comercio, contrate as obras e o plan arquitectónico. O Concello de Muxía realizaba hai tres semanas o último trámite que lle quedaba por realizar, a inscrición no rexistro e a cesión dos 128.000 metros cadrados adquiridos en Lourido. Baile de cifras Nos 4 anos que o proxecto leva no aire, os presupostos anunciados polos distintos representantes dos partidos gobernantes difieren bastante os un dos outros. Dende os 24 millóns de euros que o PP anunciara alá por febreiro de 2004, pasando polos 5,3 que apuntaba o gabinete de Presidencia en xaneiro do 2005, os 16,2 de xaneiro do ano seguinte ata os 26 millóns de maio de 2007. Os presupostos para o 2008 apuntan uns 11 millóns para invertir ata o 2011, malia que ata o de agora non se invertíu nin un peso dende 2005. Preguntas dende a oposición O Partido Popular, por medio do senador e ex-alcalde de Viveiro, César Aja, realizaba unha serie de cuestións sobre os trámites do parador. Logo de plantexar a seriedade dun proxecto que conta con alo menos 5 presupostos distintos, o senador popular pregúntase quen son os cerca de 30 propietarios que cederon os seus terreos en Lourido. Do mesmo xeito pide que se aclaren os posibles incovenientes ambientales o urbanísticos para a construción do edificio, nunha zona case virxe como é a de Lourido. As obras comezarán o vindeiro ano O alcalde de Muxía, o socialista Félix Porto apunta como data de inicio das obras, mediados de 2008. Para isto, o alcalde agarde que as obras non se leven a consurso, feito que podería provocar un serio retraso nas mesmas, e que se otorguen directamente a calquera equipo de prestixio recoñecido. O alcalde sinala ademais, e a propósito do baile de cifras, que o prezo final da construción do edificio non se saberá ata que os planos sexan presentados. Novas relacionadas Fonte
|