|
O recuncho da Costa (IV): O Monte Facho |
Correo-e
|
|
sábado, 10 de noviembre do 2007 |
|
Esta cuarta tirada da sección da Costa da Morte trasládanos ata Muxía. Falábamos co propio alcalde de Muxía, Félix Porto e nos contaba que ese era o seu recuncho favorito de toda a bisbarra. E alá subimos para comprobar que efectivamente trátase dun lugar espectacular. A vista abrangue dende o cabo Touriñan ata a o cabo Vilán, dous lugares de particular beleza, se nos olvidamos das granxas acuícolas e dos viraventos, que os desvirtúan un pouco. Ademais, podemos contemplar a pequena aldea de Lourido e mais a virxe praia co mesmo nome. É bo disfrutar destas vistas no presente porque en breve as obras para a construción do Parador de Muxía. Como chegar Partindo de Muxía temos que tomar a estrada do lado contrario do Porto e dende aí ir cara o sur tirando cara o cabo Touriñán e deixando o campo de fútbol a man dereita, chegamos ata a aldea de Lourido. Dende alí, unha pista de formigón moi empinada parte cara esquerda, onde temos que deixar o coche e comezar a andar. O formigón cediño convírtese en terra e seguindo o roteiro durante unha media horiña chegamos ao curuto, onde se atopan tamén varios antenas de radio e televisión, e onde o concello ten previsto colocar un mirador. Outros recunchos Fonte - Redacción de Que pasa na Costa.
|