|
O pasado sábado 10 de novembro de 2007, o encoro da Fervenza amosaba unha imaxe triste. Milleiros de troitas e escalos morrían debido á baixada de caudal no encoro. A empresa de Villar Mir, investigada pola desfeita, asegura que nada puido facer para manter o caudal ecóloxico e que é a sequía en Galicia a única causante do suceso. Sequía brutal en toda Galicia A realidade é que nos atopamos ante o outono máis seco dos últimos 10 anos, e que a cáida de augas é un 93% inferior ao ano pasado. As contas saen a dous meses como máximo de auga para consumo se a situación non cambia. Datos dos embalses reflicten o problema, e cando o ano pasado a estas alturas Fervenza atopábase case cheo, hoxe está como vemos nas imaxes, sen caudal ecolóxico, o que significa menos dos 0,4% que apuntaba Ferroatlántica a semana pasada. O curioso é baixar cara o encoro de Santa Uxía do Ézaro, que se atopa case ao 100%. Parece estraño ver o encoro de abaixo que case se desborda mentres o de arriba non dá nin para salvar aos peixes. O encoro do Ézaro utilízase parta abastecer de auga aso concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra, alén de para a produción de electricidade por parte da propia empresa de Villar Mir, Eléctrica del Jallas. A empresa asegurou que leva dende o 28 de setembro sen producir electricidade logo de pasar dúas semanas ao 25% da súa capacidade.  Subida de nivel para frenar a desfeita O aumento do auga producido polo peche das comportas do encoro da Fervenza provocou que a a mortalidade dos peixes se reducira nun 90%. Pero se cadra chegou un pouco tarde. Durante todo o sábado e o domingo dende as 8:00 da mañá, un dispositivo especial traballaba para recoller todos os peixes mortos. O secretario xeral de Medio Ambiente, o subdirector de Conservación, o delegado provincial, a xefa do servicio de conservación, cinco axentes, tres capataces, dous vixilantes e 32 traballadores de Tragsa, realizaban traballos de recollida para trasladar todos os peixes mortos á planta de tratamento de Gesuga. A dúbida, e de aí a investigación é se a apertura das comportas foi axeitada. Abrir as comportas fai que todos os peixes río arriba corran serio perigo, mentres mantela pechada, provocou que morreran ás portas do encoro, como se ve no vídeo que La Voz de Galicia publicaba onte. Fonte e seguimento especial
|