|
A canteira de Pasarela tenta mercar aos veciños |
Correo-e
|
|
lunes, 12 de noviembre do 2007 |
|
A empresa Extracción y Transformación de Granito S.L. realizaba o pasado sábado 10 de novembro unha xuntanza cos veciños de Pasarela para tentalos cunha suculenta oferta. A explotación mineira a ceo aberto que a empresa quere levantar na preciosa zona dos Penedos de Traba e Pasarela atópase en problemas tras as alegacións que veciños e asociacións facían as pasadas semanas. Ante estes problemas, e dado que a palabras máxicas "postos de traballo" non fixeron efecto, desta volta a oferta é maior. A empresa ofrece aos veciños ser accionistas da mesma. Zona de maqterial de primeira Os promotores da canteira venderon o produto aos veciños argumentando que a cantidade e calidade do granito da zona é de primeira calidade, moi difícil de atopar. Argumentou tamén que nada hai que temer ante o impacto visual (?) xa que non utilizarán explosivos e un peche vexetal controlaría o po levantado. Os "postos de traballo" seguen estando enriba da mesa" A empresa fala de 10 postos de traballo para comezar a explotación, de 20 para a segunda fase e de 50 directos e 100 indirectos ao final dunha explotación que transformaría o que se denominaría "granito de Pasarela". Aínda así, os promotores aseguran que non existe a certeza de que a canteira sexa viable, e pode ser que logo da segunda fase de extracción se descubra que a explotación non é rendible. O dano xa estaría feito en calquera caso, pero semella que iso é o de menos. Novas relacionadas Fonte
|