|
Medio Ambiente semella ter claro o culpable da desfeita ecolóxica que ocorría esta pasada fin de semana no encoro da Fervenza. Así apuntan dende "El País", que acusa directamente a empresa de Villar Mir de presunto delito contra o medio ambiente. A empresa de Villar Mir está no punto de mira por non ter atendido ás previsións metereolóxicas, e terá que explicar por que deixou liberar a gran cantidade de auga provocando a contaminación do río augas abaixo e a morte de milleiros de tritas e escalos, alén de demostrar que non o fixo para primar a producción enerxértica. Válvulas pechadas dende o 28 de setembro Dende Ferroatlántica aseguran que as comportas están pechadas dende o pasado 28 de setembro, cando a empresa, logo de pasar varias semanas producindo a un 25% da súa capacidade, interrumpía a súa actividade. Semella que este argumento non é de todo certo cando xa hai datos significativos que apuntan a que o pasado venres 9 de novembro as comportas deixaban pasar un caudal de máis do doble do esixido en época de sequía de case 3 metros cúbicos por segundo. Non é que isto sexa directamente un delito ecolóxico pero puido ter consecuencias tan graves como as da pasada fin de semana. Problemas de xestión O Xulgado de Corcubión, a instacia do Se.Pro.Na tomou como imputado ao director do encoro, mentres que a Xunta xa abríu un expediente administrativo para veriguar se a xestión das augas do encoro foi correcta. A apertura das comportas provocaba que o lodo invadira toda zona de aibaixo do río rematando co osíxeno que mantiña vivos aos peixes. Cara a tarde do sábado Medio Ambiente ordenaba o peche parcial das comportas e o nivel de auga subía curiosamente varios metros nunhas horas, o que provocaba unha nova sospeita na Xunta. Isto que isto significaba que o caudal do río Xallas río arriba non era o culpable da sequía do encoro, senón que a apertura incontrolada das comportas é a causante da sequía.  O encoro máis grande e o que máis rápido se seca O que maís sospeitoso é que sexa o encoro máis grande da provincia, o da Fervenza, con capacidade para 104 metros cúbicos, o que seque en primeiro lugar, mentres outros coma o de Cecebre, 5 veces máis pequeno, manteña un nivel de case o 30%. Na imaxe da esquerda podemos ver o estado do encoro a semana pasada, o domingo 4 novembro de 2007, e na dereita como estaba unha semana máis tarde, este mesmo domingo 11 de novembro de 2007. O encoro de abaixo atópase a reventar Máis sospeitoso ponse todo isto cando analizamos o caso do encoro de Santa Uxía do Ézaro, que vemos na imaxe como o caudal case sae polas comportas. Situado augas abaixo do da Fervenza, é controlado tamén pola empresa de Villar Mir, e é que o que se utiliza para o abastecemento de augas de consumo para os concellos de Cee, Corcubión, Fisterra e Dumbría, alén de para a producción de electricidade nas centrais que a empresa Eléctrica del Jallas, tamén de Villar Mir, explota no precioso paraxe da fervenza do Ézaro. Este caso é peculiarmente sangrante xa que ademais de cortar, noutro verdadeiro delito ecolóxico, pero este permitido dende hai tempo, a única fervenza de Europa que remata no mar, tingue do feo gris dos seus tubos unha paraxe preciosa na que monte Pindo cos seus marróns e vermellos amosarían o bonita que pode ser a nosa bisbarra. Pois dito encoro ben sendo moito máis pequeno (17,7 metros cúbicos fronte os 104 do da Fervenza) está case a reventar, e debido ao abastecemento de auga debería ser o primeiro en secar no caso de sequía. Que sucede entón?. Aínda quedan 10 días máis sen choiva segundo as previsións metereolóxicas, así que haberá que seguir ben de preto como se desenvolve todo este proceso e como continúa a vida no encoro e no río. Novas relacionadas Fonte
|