Venres, 03 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A vangarda pedagóxica chega á Costa  Correo-e
viernes, 28 de mayo do 2010

Image

Este venres 28 de maio, unha novedosa proposta pedagóxica chega a Cee. E chega da man dunha colaboración entre os dous institutos, o Fernando Blanco e o Agra Raíces, contando coa colaboración do concello ceense e da Deputación. A aula virtual e itinerante de filosofía do Teatro Resoante desenvolverá o seu espectaculo educativo no ximnasio do Fernando Blanco. A os dous pases, un ás 8:30h e outro ás 11:30h, acodirán os 60 alumnos de 1º de bacharelato de ambos centros.

A proposta xira en materia filosófica, sendo a Caverna de Platón a idea sobre a que se xira a performance. Detrás desta novedosa iniciativa pedagóxica, unha actividade perfectamente complementaria co sistema educativo actual e que está aberto a novas actuacións ao longo da Costa da Morte, atopamos un completo equipo. Manuel Cebral, actor e artífice da idea; Paulina Funes, a polivalente técnica (ambos na foto da tarde do xoves mentres engalaban o lugar tapando todas as ventás para que non entre chisco de luz); e Nuria Sotelo e Ramón Palao que pechan o grupo de actores.

Innovación pedagóxica

Como dicimos, falamos dun proxecto moi innovador en relación coa ensinanza de filosofía. Moito máis contando con que este ano foi a iniciación á filosofía de todos estes alumnos no seu periplo estudiantil. Ademais esta actividade serviralles de marabilla para entender o temario do último curso, no que Platón será unha das referencias.

Posta en escea

Precisamente a posta en escea é un dos alicerces da performance. Como nos conta Manuel Cebral (coñecido como Man Hauser nos eidos filosóficos e que xa participara nos Seminarios sobre Tiqqun en Corcubión e que é participa tamén na revista da Universidade Cromática das Virtudes), a idea de escurecer completamente o espacio e de non teren gradas, serve para aportar unha "referencia escénica ao completo texto da Caverna de Platón. Queremos estimular outras formas cognitivas e de sensibilización nos rapaces", máis alá da propia lectura ou o visionado pasivo da televisión".

Precisamente a televisión é unha das protagonistas desta Caverna. I é que para Manuel, "a Caverna é perfectamente aplicable nos nosos días". De aí a necesidade de experimentalo, de sentilo nun espectáculo coma este. Entende Manuel Cebral a televisión como un dos demos do noso tempo, que nos ofrece unha "realidade enganosa a través dos medios de comunicación". Vai máis alá e sinala que a "a programación en si é o maior exemplo do que significa a especulación co ocio da xente".

Apunta Paulina que un dos fortes deste espectáculo é a combinación das diferentes artes. A filosofía mestúrase entre a danza, o teatro, a música, o espacio audiovisual. Todo para crear unha atmósfera o máis cavernícola posible.

WIKI

Este Caderno do estudiant@ pretende servir de complemento á performance. A través deste espazo web, os estudiantes poderán explicar as súas reflexións pola rede. Unha rede á que xa están abertos a meirande parte dos rapaces, e que o mesmo Teatro Resoante utiliza como plataforma e non mira cos mesmos ollos que á TV.

Así, queda clara a idea de que o espectáculo non pretende reducir a iso mesmo o texto da Caverna de Platón, non moito menos. A idea é a de seguir interpretando o texto logo de ver outras cousas, e para iso está creada esta "Unidade didácica virtual", no que ademais de arquivos de consulta, o usuario pode modificar, aportar, reflexionar, crear...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com