Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Editorial: Cal é o desenvolvemento que queremos para a nosa bisbarra?  Correo-e
domingo, 18 de noviembre do 2007

Esta semana pasada tiveron lugar na nosa bisbarra un par de feitos que reflicten perfectamente que camiño queren tomar as empresas para desenvolver á Costa, e cal é o camiño que queremos os veciños. Haberá quepor cal dos dous se decantan as administracións. Polo de agora imos perdendo pero semella que aínda podemos remontar.Image

A Marcha Nacional contra o Plan Acuícola xuntaba a milleiros

Así se demostro o pasado domingo 4 de novembro en Corrubedo onde tivo lugar a Marcha Nacional contra o Plan Acuícola, que xuntaba a miles de persoas (2.000 segundo a policía e máis de 10.000 segundo os organizadores) e a máis dun centenar de grupos. O seguimento da marcha reflicte que esta loita polo coidado do noso patrimonio natural non é unha cousa dos "catro tolos ecoloxistas eses" senón que moita outra xente está detrás.

O tan comentado Plan Acuícola ten previsto a creación ou ampliación de 26 granxas no longo do litoral galego, entre as que se atopan varias que nos atinxen, como son os casos da ampliación de Merexo ou da de Quilmas. Todo isto favorecendo e subvencionando empresas estranxeiras co argumento dos postos de traballo, que como ben reflicten as cifras non é tal. A pesca tradicional emplea a máis de 10.000 traballadores mentres que a acuicultura tan só a algo máis de 500, significado esta o 1.8% do movemento do sector pesqueiro.Image

Os Penedos de Traba e Pasarela en perigo

Outro feito de particular relevancia e significación ten lugar en Pasarela, no concello de Vimianzo. Alí podemos atopar os famosos Penedos de Traba e Pasarela, un lugar que parece doutro planeta. As rochas amontónanse unhas a cabalo doutras coma se un xigante tivera xogado a facer montonciños, como facía Man no seu museo.

Segundo pensan algúns, o único que hai ao final "é unha morea de granito que se pode aproveitar de marabilla, e de paso creamos varios postos de traballo". E cando esas tres verbas xa está medio camiño feito. Eses "postos de traballo" teñen o seu coste e non podemos acabar co noso tesouro por dous ou catro postos de traballo. O noso meirande tesouro son as paraxes naturais tan incribles que quedan vivas aquí, e que non as teñen por ningures.

A pasada semana 3 entidades e unha pataforma de máis de cen veciños presentabas as últimas alegacións contra a creación da canteira queten previsto montar unha explotación mineira de granito de ata de 52.000 metros cadrados, para extraer nos vindeiros 27 anos máis de 300.000 toneladas do mineral, rematando para sempre con esta paraxe tan especial.

Agardamos pois que todas estas manifestacións do que aos veciños sexan escoitadas polas diferentes adminstracións e non só sexa a palabra de empresa de turno a que impoña as súas leis.

Novas relacionadas

Fonte

  • Artigo de Ubaldo Cerqueiro García, redactor de Que pasa na Costa para semanario O Acontecer.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com