doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (V): A fervenza do Ézaro  Correo-e
domingo, 18 de noviembre do 2007

Image 

Esta semana, o recuncho da Costa sérvenos de paso para reivindicar un pouco o noso patrimonio. Vendo esta imaxe, semella impensable que sexa posible privarnos a todos de tal espectáculo natural. Pero nesta bisbarra pode pasar de todo.

O beneficio económico dunha soa empresa pode conseguir privarnos durantes décadas dunha riqueza natural de incalculable valor. Xa non é só o feito de ser a única caída de auga de río que remata directamente no mar, senón que o seu valor turístico non ten cancelas. Pero semella máis importante o beneficio económico do sector privado.

O encoro situado xusto enriba da fervenza, alén dos outros catro que a empresa de Villar Mir controla no curso do río Xallas, fan que a fervenza só se abra os festivos, e parece que habemos dicir gracias, ademais. O aproveitamento hidroeléctrico do encoro déixanos nesta marabillosa paraxe un par de tubos grises enormes trepando pola cara contraria á fervenza, devaluando a incomparable beleza do lugar. Polo mennos, xa podía camuflalos un pouco.

Como chegar

Ézaro atópase entre Cee e Carnota pola estrada da Costa. Saíndo dende Cee cara o sur pola costa, pasamos Ameixenda e Gures e pronto entramos no concello de Dumbría. Así, unha vez na vila do Ézaro antes de chegar á ponte collemos un desvío á esquerda. Dende alí, na preciosa lagoa, podemos deixar o cohce e achegarnos á fervenza, que está acondicionada cunhas estruturas de madeira para disfrutar da caída das augas, cando as hai.

Outra opción de obrigaod cumprimento é subi ao Mirador do Ézaro. Dende a propia lagoa, hai unha pista asfaltada e sinalada cara o cumio, cara o Mirador do Ézaro. Dende alí temos unha vista indescriptible, coa fervenza aló embaixo, o curso seco do río, a lagoa e Fisterra alá enfronte, fan dunha posta de sol, un momento inolvidable.

Horarios para contemplar a fervenza

  • Entre o 21 de xuño e 21 de setembro:
    Sábados, pola noite, con iluminación de 23:00 e as 23:30 h.
    Domingos de 12:00 a 14:00 h.
  • Días especiais (de 12:00 a 14:00):
    Abril: Venres, Sábado e Domingo da Semana Santa.
    Maio, día 1.
    Xuño, día 24.
    Agosto, día 15.
    Outubro, día 12.
    Novembro, día 1.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com