Xoves, 08 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O I Encontro Man de Camelle coincide co achado de novas obras do artista  Correo-e
lunes, 19 de noviembre do 2007

Image 

Tras 5 anos nos que semellaba que o patrimonio de Manfred Gnädinger só eran catro touladas dun anacoreta, as administracións dan un paso cara a recuperación dun tesouro de incalculable valor.

A verdade é que Man non era un artista ao uso, mais é certo que durante a súa vida foi un incomprendido e non ovaloramos tal e como tivéramos debido. Tan só certas amigas do seu Camelle entendérono e valorárono, como foi o caso de Chita, amiga do alemán.

Image 

Este pasado sábado 17 de novembro de 2007 celebrábase o I Encontro Man de Camelle, evento encadrado nunha estratexia do Concello de Camariñas para recuperar o patrimonio do artista. A creación da Centro Cultural da Casa do Alemán (un edificio, o da imaxe da dereita, grande e gris á beira do peirao, que se cadra non sería o que máis desexaría o propio Man) e a Fundación Man de Camelle, encarrexada da recuperación das obras e xestión, promoción e desenvolvemento do museo que será aprobada case con toda seguridade no pleno da semana que ven, son varias das iniciativas que o concello realiza.

Ao Encontro acodiron personaxes tan míticos coma Suso de Toro, Antón Sobral, un dos impulsores e artífices da iniciativa ou Bernardo Ceguera, o artífice do documental Man, o alemán de Camelle que foi emitida pola TVG o mesmo sábado.

Achados novas fotografías e anotacións

As rapazas que traballan na recuperación e clasificación do patrimonio de Man, atoparon o pasado sábado, debaixo dunhas táboas, ben escondidiño unha morea de fotografías, negativos, debuxos, libros de arte e filososfía, utensilos para pintar, cartas e mesmo unha caixiña con pequenas figuras de plástico.

Os veciños contra o Plan Acuícola

Mentres o Encontro se desenvolvía, as rúas do peirao de Camelle escoitaban os cánticos de protesta de varia decenas de veciños que se manifestaban contra a implantación dunha piscifactoría na zona de Xandriña, xusto en fronte de Camelle.

O alcalde de Camariñas, Manuel V. Alonso de León, baixaba a falar cos manifestantes cando se producía un intercambio de pareceres algo subido de tono. pero a cousa non foi a máis. Os manisfestantes disolvíanse sen disturbios, pero a protesta queda aí ben clariña. E non son catro tolos os que andas a protestar contra o Plan Acuícola.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com