doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (VI): Os penedos de Traba e Pasarela  Correo-e
sábado, 24 de noviembre do 2007

Image 

Esta fin de semana imos ata os concellos de Vimianzo e de Laxe para disfrutar dun lugar insólito. A rochas semellan colocadas polo gusto estético dun Manfred xigante, e apiladiñas unhas a cabalo doutras, o tetris formado permítenos disfrutar dun lugar de ensoño, imposible de atopar en ningún outro lugar.

Estas zonas graníticas, coma o monte Pindo, son dunha extraordinaria beleza, ao carón deses bosques de colitros e desas zonas de monte baixo. Pero tamén andan en perigo. Unha canteira na parte de Pasarela (Vimianzo) ameaza a paraxe.

A empresa que pretende montar a explotación ao aire libre xa ofertou aos veciños mesmo formar parte do accionariado da empresa, algo que pode soar moi apetecible pero suporía a destrución total dun sitio de extraordinaria peculiaridade debido á súa diversidade xeomórfica.

 Como chegar

 Vindo cara Fisterra pola nacional AC-552 dende Carballo, ao pasar Baio e antes de chegar a Vimianzo, collemos un desvio cara a dereita no km. 63 que sinala cara Pasarela. Seguimos cara a costa e cedo aparece outro cartel cara Pasarela, entramos na pequena vila e ao deixármola atrás xa quedan os penedos a man esquerda. En calquera lado podemos deixar o coche a a escalar e a disfrutar das extranas formas que a natureza nos amosa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com