|
Editorial: A desfeita ecolóxica reparte responsabilidades |
Correo-e
|
|
sábado, 24 de noviembre do 2007 |
|
Unhas semanas logo da matanza de máis de 1.500 escalos e troitas no encoro da Fervenza, as responsabilidades aínda non están claras. A empresa que controla os 4 encoros e explota as 8 centrais hidroeléctricas no curso do río Xallas, Ferroatlántica, está acusada por Medio Ambiente de cometer dúas faltas graves: unha pola xestión das augas do encoro e outra contra a fauna do río. A Xunta non se libra e tamén é sinalada pola Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) como culpable por ter concedido o control dos encoros á empresa de Villar Mir, alén de terlle concedido o control e explotación de 3 novos encoros. Medio Ambiente argumenta que a lei non lle permitía realizar ningunha operación de control sobre a empresa (e se isto é realmente certo, significa que Ferroatlántica pode facer directamente o que lle pareza?) e a empresa asegura que non realizou ningunha apertura de portas nas semanas anteriores á desfeita, e que non son verdade os rumores que apuntan que a empresa quería secar o encoro para realizar obras no fondo do mesmo. Vamos que aquí ninguén ten a culpa. Xa se alzan as primeiras voces que piden a retirada da concesión do control dos encoros á empresa de Villar Mir, como Marisol Soneira, deputada socialista e secretaria do PSOE para a costa atlántica ou a Federación Galega de Pesca, que tamén aconsella impoñer alo menos 2 anos de veda para recuperar a saúde da fauna do río. Asi que agora sumerxirémonos en anos de papeis no Xulgado de Corcubión, entre cruces de declaracións dos uns e dos outros tentando escabullirse de cadansúas responsabilidades. Entrementres a desfeita xa está feita, pero polo menos, a choiva xa chegou. Novas relacionadas Fonte - Artigo de Ubaldo Cerqueiro García, redactor xefe de Que pasa na Costa para o semanario O Acontecer.
|