Venres, 05 de nadal do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O grupo ecoloxista PX pide responsabilidades ao Valedor do Pobo  Correo-e
martes, 27 de noviembre do 2007

Image 

O grupo ecoloxista PX, grupo nado na Ponte do Porto, no Concello de Camariñas, visitará mañá, mércores 28 de novembro de 2007, ao Valedor do Pobo para presentarlle unha denuncia que obrigue a depurar responsabilidade trala desfeita ecolóxica do pasado 10 de novembro no encoro da Fervenza (Mazaricos) onde morreron máis de 1.500 peixes.

Dende o grupo ecoloxista apuntan as contradicións entre o que a Xunta apura e as alegacións de Ferroatlántica. Sen ir máis lonxe, PX opina que non hai datos que corroboren que Ferroatlántica pechase as portas para subir o nivel e salvar a desfeita. Todo o contrario, segundo apuntan, reflexa o desnivel de 7 metros que había aquel día entre o caudal do río e do encoro.

Así, PX acusa directamente a Ferroatlántica como responsable da morte dos peixes, e esixen un castigo económico cando menos, senón a retirada da concesión do control dos encoros.

Aínda así, a Xunta non se libra das súas responsabilidades i é que permitir que unha empresa sobreexplote deste xeito un río tan rico como era o Xallas non é de recibo, así que veremos que determinan dende o Valedor do Pobo. Ademais o feito de non ter intervido pode ser castigado como deixadez das súas funcións, malia que dende a Xunta aseguran que a lei non lles permitía actuar de ningún xeito, dato que é particularmente preocupante.

Aves en perigo

Un encoro destas características é utilizado por moitas especies de animais. Non só os peixes que alí vivían sofren as consecuencias dunha seca tal. Indirectamente, moitas aves vense perxudicadas pola falta de alimento que agora sofre o encoro.

Calcúlase que un par de centos de cormoráns migratorias chegados do norte de Europa, paran un tempo na nosa bisbarra, durmindo nas illas Lobeiras e alimentándose na encoro da Fevenza. Agora estas aves, e outras garzas, malia que en menor medida, atópanse sen alimento e sen saber que facer.

Millerios de patos están a punto e pasar por aquí. O ano pasado foron 6.000 os que nos visitaron entre cercetas, ánades reais e porróns, e esperemos que siga chovendo para recibilas do xeito que se merecen.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com