nueva versión de la final from quepasanacosta on Vimeo.
A última porra da Copa da Costa´09, a última porra que patrocina este curso a Carnicería Antelo, xa ten gañador. Finalmente, tan só Martín acertou o resultado do encontro de volta da final da Copa da Costa. Ese 0-0 que deu a primeira Copa para o Soneira, tralo gol de Víctor García na Final.
Por fin. O Soneira puido facerse co ansiado título da Copa da Costa. Non apareceron as pantasmas de antano, e o equipo que dirixe Manolito acada unha copa histórica, a primeira na historia do club, logo de xogar tres finais. O Municipal de Vimainzo presentou unha gran entrada, cuns 1.700 espectadores. A organización da directiva do Soneira non fallou, e estivo á altura das circunstancias.
Dunha vez por todas, o Soneira conseguíu levar para as súas vitrinas a Copa da Costa. Nun encontro trabado, con pouco xogo e moitas faltas e tarxetas, o resultado final quedou nun soso empate a cero. Un empate sen goles que reflicte perfectamente o visto no campo.
Vemos na imaxe de arriba a Víctor Lema, que xogada o seu último encontro coa camisola branca. O vimiancés, ademais de recoller a Copa, foi homenaxeado ao comezo do partido ante a súa retirada, tras 14 anos na entidade.
Xa estamos na finalísima da Copa da Costa 2009. E poñemos en marcha a última porra que nos ofrece a Carnicería Antelo, de Corcubión.
Para esta ocasión, Antelo ofrécenos 1 quilo de Choricillos de Porco Celta, toda unha delicia.
Agardábase un partido moi igualado. Dous conxuntos ben armados, sen fisuras, entre os que tan só unha xenialidade ou unha xogada a balón parado poderían romper a igualdade. Co que non se contaba, era que un erro fose clave para o devir da eliminatoria.