As chuletas da Porra marchan cara Muros
Se a semana pasada os chourizos e o lacón ían para Santa Comba, desta volta as chuletas serán degustadas en Muros.
Tivo que realizarse un sorte na Carnicería Antelo xa que tanto Falfaro, ou Alvarito de Muros, como Ángel Varela acertaran dous resultados
Finalmente a papeleta de Falfaro saíu gañadora, polo que as chuletas Porra da Copa da Costa viaxan a Muros.
Enviamos os meirandes parabéns ao muradán, agradecemos a partipación dos 40 votantes e animamos a toda a comunidade futbolera da Costa que participe na seguinte votación, que prepararemos en breve.

Esta semana volve á actualidade ao fútbol da Costa. A volta das semifinais da Copa da Costa prevese máis que axitada que nunca. Sobre no encontro que vai grabar o equipo de deportes de QPC, o Muros – Soneira. Pero antes, temos a posibilidade de acertar a Porra da Copa e levar dúas pezas de “sarta celta”.
creo que ese meneo de caixa non foi moi apropiado…está claro que tal como se puxeron as papeletas ia sair falfaro gañador..
que conste que eu aki non pincho nin corto…pero é unha opinión personal.
Saúdos!
Moitas gracias! Agora a polo seguinte premio!
Ola Marta !
bueno, a caixa que eleximos é verdade que non daba marxe para moitos meneos, Bruno remexeu as dúas papeletas antes de coller unha para engadille un ‘meneo extra’ e colleu a de Falfaro.
A posibilidade de que saíse Angel ou Falfaro, viña sendo a mesma…50%, é o que ten a estatística ;-P
Pero estamos abertos a proposicións para os vindeiros sorteos, podemos desfacernos da caixa e voltar ao sistema ‘bolsa de Antelo’ que parece máis susceptible de ser meneada.
Graciñas por pasar a comentar por aquí
Si señor! Álvaro despois de dalo todo animando o Muros en Baio hoxe chuletas de regalo, jaja. Xa as podias compartir co resto dos Murinhos blues jajaja. Noraboa falfaro!!!
Aiiii, caches!! As pobres chuletas querian vir a xuntarse co lacón e cos chourizos. Como lles tiraba a familia. jejejeje. Qué pena!!
Noraboa falfaro!
[...] Falfaro o que gañou as chuletas da semana pasada. E esta semana xa se estaban chupando os dedos algún dos nosos lectores de novo coas chuletillas [...]